Un conto curto

A rapaza está no curuto do monte. Sentada de costas, ten unha man no chan e a outra, ocupada, xoga cunha palla. A saia descansa sobor da pedra quecida polo sol. Non pode ve-los seus pés marmuriando calmos baixo o refaixo. Agora levanta a testa e amosa uns ollos de cor crara. O vento move lenemente o seu cabelo; un sorriso semella ocultarse nos seus beizos. É un día morno, e agradece os raios que tocan a súa pel. Un son aquela tras dela. Recóstase e acha o abeiro duns brazos tenros que a recollen torneando o seu ventre. Volta a testa e atopa uns ollos castaños.

Agora o sorriso dos seus beizos é o que quece a pel del, e as súas mans, as que como o vento moven os cabelos do mozo. O día transcorre lento, sen prisa, deixando que os namorados morran un nos brazos do outro.

Leave a Reply